Últimas noticias

O vindeiro 18 de novembro temos unha cita cunha xornada chea de sabor, cultura e boa compañía. Visitaremos a Feira de Valença do Minho, gozaremos da gastronomía portuguesa e descubriremos o espectacular Palacio de Brejoeira, cunha visita aos seus xardíns, palacio, adega e capela, que incluirá unha degustación de albariño.

Hoxe, Lobios foi escenario dunha nova xornada de encontro, confraternización e irmandamento coas cámaras municipais veciñas de Terras de Bouro, Ponte da Barca e Arcos de Valdevez, no marco de Recoñecemento de Fronteiras

No Concello de Lobios queremos compartir contigo as actividades de novembro do programa TEMPO PARA NÓS. Todos os martes de novembro De 18:15 a 19:45 h Edificio Multiusos

O Concello de Lobios levou a cabo a actuación de mellora do lavadoiro e da fonte comunitaria de Silvares de Grou, contribuíndo á conservación e recuperación do patrimonio cultural e etnográfico local, así como á posta en valor destes espazos de uso comunitario

Chega unha das celebracións máis saborosas e esperadas do outono, o Magosto. O Concello de Lobios convídate a compartir unha tarde-noite de tradición, boa comida e moita festa arredor das nosas queridas castañas.

O Concello de Lobios, na súa aposta pola corresponsabilidade e pola igualdade no fogar, pon en marcha esta iniciativa que nos convida a reflexionar sobre como repartimos as tarefas domésticas e os coidados e como podemos avanzar cara a unha convivencia máis xusta e equilibrada.
Queres alugar/vender unha propiedade?
O Concello de Lobios pon á túa disposición un servizo gratuíto de Bolsa Municipal de Propiedades en Venda ou Alugueiro, co obxectivo de facilitar o contacto entre propietarios de vivendas baleiras ou parcelas urbanizables e persoas interesadas en residir no municipio.

