Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Plan MAIOR SEGURIDADE en Lobios

Plan mayor seguridad en Lobios

No día de hoxe, Lobios acolleu unha sesión informativa do Plan Maior Seguridade, centrada na prevención e na mellora da seguridade das persoas maiores.
Coa colaboración das forzas e corpos de seguridade tivemos a oportunidade de coñecer recomendacións e consellos prácticos que axuden a previr posibles delitos, evitar situacións de risco e saber como actuar ante unha emerxencia.

Lembra: Se es vítima dun delito ou necesitas axuda, chama ao 091 (Policía Nacional) ou ao 062 (Garda Civil) para poñelo no seu coñecemento.