

Queremos que esta web sexa un lugar vivo, en constante mellora, no que as vosas suxestións, ideas e opinións axuden a construír un concello mellor para todos e todas.
Ao mesmo tempo, é tamén unha fiestra aberta ao mundo, para que quen nos visite poida descubrir a nosa cultura, as nosas paisaxes, as augas termais, a gastronomía e toda a riqueza que fai única esta terra.
Contamos coa vosa participación para seguir medrando xuntos.
Benvidos/as, e grazas por formar parte desta comunidade.
María del Carmen Yáñez
Alcaldesa