

O Concello de Lobios pon á túa disposición un servizo gratuíto de Bolsa Municipal de Propiedades en Venda ou Alugueiro, co obxectivo de facilitar o contacto entre propietarios de vivendas baleiras ou parcelas urbanizables e persoas interesadas en residir no municipio.
Se tes unha vivenda —para vender, alugar ou reformar— ou unha parcela urbanizable, só tes que encher un sinxelo formulario. Coa información recollida e revisada, crearase unha base de datos que se publicará nesta sección, co único fin de difundir e ofrecer estas propiedades a posibles compradores ou inquilinos.
Deste xeito, axudas a dar vida ás túas propiedades e a dinamizar o Concello de Lobios.