Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

A Biblioteca municipal estrea novas lecturas

Novos títulos editoriais na biblioteca de Lobios. novembro 2026

Seguimos ampliando e renovando os fondos da nosa Biblioteca Municipal coa incorporación de novos libros para todos os públicos e gustos.

 

Unha iniciativa que nos permite ofrecer máis variedade de títulos, achegar novas propostas lectoras á veciñanza e seguir promovendo o hábito da lectura e o acceso á cultura.

Se che gusta ler, este é un bo momento para achegarte á Biblioteca Municipal de Lobios, descubrir as novidades e escoller a túa próxima lectura!

Porque cada novo libro é unha porta aberta a novas historias, coñecementos e aventuras. 

 

[As novas adquisicións foron posibles grazas ás axudas da Xunta de Galicia para a dotación de novidades editoriais e a mellora das coleccións das bibliotecas dos concellos no ano 2026, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.]