Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

PLAN MAIOR SEGURIDADE

Plan Mayor Seguridad en Lobios

A prevención e a seguridade das persoas maiores son unha prioridade. Por iso, o vindeiro martes 17 de novembro, Lobios acollerá unha sesión informativa do Plan Maior Seguridade, centrada na prevención e na mellora da seguridade das persoas maiores.

 

  • Cando? Martes, 17 de novembro de 2026.
  • Horario: De 10:30 a 12:00h
  • Onde? Edificio Multiusos (estrada de Portugal, 31-33).




Unha oportunidade para coñecer recomendacións e consellos prácticos que axuden a previr posibles delitos, evitar situacións de risco e saber como actuar ante unha emerxencia.

A sesión enmárcase nunha iniciativa de prevención e protección das persoas maiores, coa colaboración das forzas e corpos de seguridade.

 

Lembra: Se es vítima dun delito ou necesitas axuda, chama ao 091 (Policía Nacional) ou ao 062 (garda Civil).

Desde o Concello de Lobios animamos a todas as persoas maiores e ás súas familias a participar nesta sesión informativa.
A túa seguridade impórtanos!