Chega unha das celebracións máis saborosas e esperadas do outono, o magosto!
O Concello de Lobios convídate a compartir unha tarde-noite de tradición, boa comida e moita festa arredor das nosas queridas castañas.
Sábado, 14 de novembro de 2026
A partir das 19:30 h
Pavillón de Deportes de Lobios
E que non falte de nada!
Castañas, chourizos, panceta, pan, viño, queimada e bica… Un menú perfecto para gozar do magosto en boa compañía!
A festa estará animada pola Charanga El Tattoo, que poñerá o ritmo a esta celebración.
Veciñanza, familias e amizades: reservade a data e vide celebrar unha das tradicións máis arraigadas do noso outono.
En Lobios, o outono sabe a castañas, tradición e convivencia!
Agardámosvos no Magosto de Lobios!


