Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Actividade formativa “Mesmo fogar, mesmas responsabilidades

Lobios -2026 - Curso mesmo fogar mesmas responsabilidades

O Concello de Lobios, na súa aposta pola corresponsabilidade e pola igualdade no fogar,   pon en marcha esta iniciativa que nos convida a reflexionar sobre como repartimos as tarefas domésticas e os coidados e como podemos avanzar cara a unha convivencia máis xusta e equilibrada.


A corresponsabilidade non consiste unicamente en repartir tarefas: significa compartir responsabilidades, tomar decisións en común e construír fogares nos que os coidados sexan cousa de todas as persoas.


𝐐𝐮𝐞 𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐞𝐫 𝐧𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨?

  • Corresponsabilidade: que é e en que se diferencia de axudar ou colaborar.
  • Estereotipos e mandatos: barreiras culturais que dificultan a implicación real dos homes.
  • Estratexias e planificación: ferramentas prácticas para repartir tarefas e reducir a carga mental.
    Ademais, inclúe un cuestionario final, actividades prácticas e recursos adicionais para traballar individualmente ou en familia, tamén coas crianzas.

 

Un curso ao teu ritmo, sen prazos, para incorporar pequenos cambios que poden marcar unha gran diferenza no día a día.


Contidos dispoñibles do 30 de outubro ata o 20 de novembro de 2026.


Máis información e inscricións, nas oficinas municipais (María). 988448000.


Desde o Concello de Lobios seguimos promovendo a igualdade real, a conciliación e a corresponsabilidade, porque construír unha sociedade máis igualitaria comeza tamén nas nosas casas.

Lobios -2026 - Curso mesmo fogar mesmas responsabilidades