O Concello de Lobios levou a cabo a actuación de mellora do lavadoiro e da fonte comunitaria de Silvares de Grou, contribuíndo á conservación e recuperación do patrimonio cultural e etnográfico local, así como á posta en valor destes espazos de uso comunitario.
Esta actuación cun investimento aprobado de 22.439,35 €, recibiu unha axuda de 18.544,91 € e, foi cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da Pac 2023-2027 en Galicia, e están financiadas polo FEADER nun 80%, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 16% e a Xunta de Galicia nun 4%
Seguimos traballando pola recuperación, conservación e valorización do patrimonio de Lobios, mantendo vivos os espazos que forman parte da identidade e da historia das nosas aldeas.


