Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

RallySprint de Lobios 2025 – Presentación oficial

Presentación RallySprint de Lobios

Hoxe levouse a cabo a presentación oficial do RallySprint de Lobios, cuarta cita puntuable para o Campionato Galego de RallySprint, que se disputará esta fin de semana, os días 3 e 4 de outubro.

O evento, organizado por Escuadería Ourense e Lobios Motorsport, espertou unha gran expectación, reunindo a nada menos que 79 participantes na súa lista de rexistrados. Aos habituais do certame súmase como principal novidade a participación do piloto asturiano Manuel Moura, que competirá ao volante do seu espectacular Peugeot 205, un dos vehículos máis esperados pola afección.

O percorrido desenvolverase integramente o sábado, con dúas pasadas aos tramos de “Compostela” e “Lobios”, que en total suman 37,42 quilómetros contra o cronómetro. Un trazado selectivo e moi do gusto dos equipos, que promete ofrecer unha xornada de gran espectáculo e emoción tanto para os participantes como para os afeccionados que se acheguen a gozar da proba.

Con este RallySprint de Lobios, o Campionato Gallego continúa consolidándose como un dos certames máis atractivos do panorama nacional, reunindo pilotos de gran nivel e unha afección que responde cita tras cita.