A IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria de Educación Social celébrase en Lobios (Ourense) os días 26, 27 e 28 de setembro de 2025.
Organizado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) e coordinado pola Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, o encontro reune a máis de 200 profesionais e estudantes de Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal para reflexionar, compartir experiencias e fortalecer a Educación Social.
- Un programa para aprender, gozar e conectar
Conferencias e obradoiros con especialistas en acción socioeducativa. - Actividades culturais, lúdicas e un festival musical.
- Rutas pola impresionante Serra do Xurés, descubrindo a súa natureza e tradicións.
Un encontro que xa vai pola cuarta edición e que persegue
- Visibilizar e fortalecer a profesión da Educación Social.
- Promover a cultura e o entorno rural de Ourense.
- Crear un espazo de diálogo entre o ámbito académico e profesional.
A presentación tivo lugar o pasado venres, coa benvida aos participantes da man da nosa rexedora Mari Carmen Yáñez, Ana Patricia Torres deputada provincial na Deputación de Ourense e Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión.
Agardamos que esta convivencia continúe consolidándose e mantendo o Xurés como punto de encontro.







