Onte, domingo, Lobios acolleu a III Festa Etnográfica da Respiga.
Unha xornada organizada pola Asociación Cultural Os Follateiros de Lobios permitiu gozar das nosas raíces, gastronomía, música, os oficios tradicionais e a cultura popular.
O evento, que xa vai polo seu terceiro ano, reuniu a multitude de veciños e visitantes que gozaron dun completo programa de actividades, feira de artesanía, concurso, xogos e actuacións coa tradición da nosa contorna como fío conductor.
Acompañaron Os Cabreiros de Muiños e Os Farrangalleiros de Castro Leboreiro, aportando cada quen o seu senlleiro selo.
O evento permitiu aos asistentes gozar dun marabilloso día de celebración e convivencia ao aire libre.

