A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, participou na xornada organizada pola Consellería de Medio Ambiente, na que se puxo en valor o importante esforzo investidor realizado pola Xunta para a conservación dos espazos naturais de Galicia, cun investimento de preto de 26 millóns de euros a través de actuacións de restauración e mellora da Rede Natura.
Durante o encontro, a alcaldesa tivo un especial protagonismo, compartindo a experiencia do Concello de Lobios e expoñendo as actuacións desenvolvidas no Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, destacando o impacto positivo que este programa tivo na conservación do patrimonio natural, na recuperación de espazos de alto valor ambiental e na mellora dos recursos do territorio.
O Xurés continúa a consolidarse como un referente na protección da biodiversidade e na cooperación entre administracións para impulsar un modelo de desenvolvemento sostible que beneficie tanto ao medio natural como á veciñanza.

