Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios solidario con Venezuela

O Concello de Lobios súmase a unha campaña solidaria para apoiar ao pobo venezolano, e precisamos da colaboración de todos e todas.

Recollida de material: Do 30 de xuño ao 7 de xullo

 Horario: de 9:00 a 14:00

 Oficina de Servizos Sociais

Entrega do doado: Mércores, 8 de xullo

Podes colaborar con:

 Medicamentos e material de primeiros auxilios

 Produtos de hixiene persoal

 Pilas, lanternas e baterías portátiles

Cada pequeno xesto conta e pode marcar unha gran diferenza.

 Grazas pola túa solidariedade!

Axuda a Venezuela