Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Exposición fotográfica Muiños do río Macaco

A Biblioteca Municipal de Lobios acolle a exposición fotográfica Muíños do Río Macaco, unha homenaxe ao noso patrimonio e á nosa identidade.

Do mes de xullo ata setembro de 2026, poderedes visitar esta mostra do fotógrafo Xosé Fernández Vázquez, veciño de Briñidelo (Lobios), que recolle coa súa cámara a beleza e o valor etnográfico dos muíños do Río Macaco.

A exposición é unha invitación a descubrir e valorar unha parte esencial da nosa historia, lembrándonos que coñecer, conservar e difundir o noso patrimonio é a mellor forma de protexelo.

Biblioteca Municipal de Lobios. De xullo a setembro de 2026

Animámosvos a achegarvos e gozar desta colección de imaxes que reflicte o amor pola nosa terra, a nosa cultura e as nosas raíces.

Río Macaco