Noticias

(27.01.2017) Novo equipamento para o GES de Lobios

  • Recibimos a visita do director xeral de emerxencias e interior da Xunta de Galicia, Luís Menor Pérez, quen, da man da alcaldesa Mari Carmen Yáñez, coñeceu aos integrantes de Protección Civil e do Ges de Lobios.
  • Ben recibida foi tamén a dotación en equipamento de emerxencias   por valor de 125.000 euros, que a Xunta de Galicia fixo  ao noso municipio.

 

 

Ver noticia

(26.01.2017) Subvencións para asociacións veciñais

 
  • Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Ver noticia

(24.01.2017) "ChegOU", programa  de axudas á natalidade 

  • A Deputación de Ourense como medida de apoio ao fomento da natalidade pon en marcha un  programa de axudas que se materializaban a través da tarxeta ChegOU, que, cun importe de 300 euros, pode usarse en farmacias e parafarmacias e permite adquirir produtos hixiénicos, alimentarios e de saúde relacionados co primeiro ano de vida do bebé.
  • Poderá ser beneficiario destas axudas o proxenitor ou adoptante dun neno menor dun ano nacido entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 que se inscriba nalgún rexistro civil da provincia de Ourense e que cumpra os seguintes requisitos: figurar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense á data da solicitude da axuda, e ter unha antigüidade no empadroamento na provincia de, polo menos, un ano.

Ver noticia

(19.01.2017) Convocatoria 2017 para a obtención de Certificados de Profesionalidade

 
  • ORDE do 30 de decembro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais
  • Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas  polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

Ver noticia

(12.01.2017) Traballando polo recoñecemento do Camiño Ribeiro Miñoto

 
  • Dez Concellos de Ourense e Pontevedra, entre os que se encontra  o Concello de Lobios, representado pola Alcaldesa Mari Carmen Yáñez, reuníronse  unha vez máis co propósito de lograr o recoñecemento oficial do Camiño Ribeiro Miñoto.
  • O Camiño Ribeiro Miñoto traza unha ruta de peregrinos, que se inicia en Braga (Portugal), entra na península pola fronteira de Portela do Home seguindo a Vía Romana e atravesando o noso Concello entre outros, cara Santiago de Compostela.

Ver noticia

Aprobados os plans de actuación ante unha hipotética rotura das presas

 
  • Estes protocolos, aprobados pola Corporación Municipal, contemplan os procedementos a seguir en caso de rotura das presas de Salas e As Conchas.
  • Detallan tamén os recursos, medios e equipos técnicos e persoais cos que se debe contar para abordar unha posible incidencia.

Ver noticia

(16.12.2016) Presentamos o proxecto "RAIA TERMAL" no III Foro "Transformando Ourense"

 
  • O proxecto "Raia Termal: Un destino dous países" foi presentado no III Foro La Región "Transformando Ourense, que tivo lugar no Mercado do Xurés en Bande o pasado día 14. 
  • Esta iniciativa, Raia Termal, persegue o estímulo e  mellora dos recursos termais, a través dunha rede turística común dos  Concellos de Lobios, Bande, Muiños  e Cortegada de Baños coas  Cámaras de Terras de Bouro e Melgaço do  país veciño. 

Ver noticia

(15.12.2016) Las nuevas rutas BTT del Xurés a punto de estar habilitadas.

  • En breve quedarán ultimados os traballos de rehabilitación  e novos trazados das rutas BTT do Xurés .
  • Estes novos itinerarios engadidos aos que xa había, sumados á  contorna incomparable do Xurés, fan da nosa contorna  un destino moi apetecible para os amantes da  práctica da Bici Todo Terreo o que potenciará o desenvolvemento e a  economía local do noso concello.
  • O financiamento do proxecto correu a cargo da Axencia Galega de Turismo

Ver noticia

(13.12.2016) Os traballos de recuperación do Xurés rematarán en decembro

  • Recibimos a visita da Concelleira de Medio Rural da Xunta, Angeles Vázquez, que confirmou que os traballos de recuperación do Xurés, tras os incendios do pasado verán, finalizarán durante este mes de decembro.
  • Executáronse tratamentos antierosión "acolchando" o chan con materiais  vexetais o que axudará á súa rexeneración.
  • Tamén se recuperaron peches gandeiros e infraestruturas que foran afectados polos lumes, ademais de actuar sobre cunetas e zonas de paso.

 

Ver noticia

(01.12.2016) Empresarios e representantes das comunidades de montes  do Concello coñeceron as rutas BTT 

  • Un experto da oficina técnica da Xunta de Galicia (Guti), visitounos co obxecto de explicar as novas rutas BTT aos empresarios e representantes das comunidades de montes do noso Concello.
  • Tras a detallada exposición, o técnico púxose   a disposición de todos ofrecéndose a facilitar toda a información necesaria a este respecto.
  • Neste encontro, expúxose tamén, a idoneidade de establecer unha  reunión co colectivo dos hostaleiros, co fin de trazar liñas de difusión e outras accións que fagan das Rutas BTT un recurso que sirva de estímulo para potenciar  a economía local.

 

Ver noticia

(29.11.2016) Recuperación dos fornos de  A Devesa, O Reguengo e Casardomato

  • Inícianse os traballos de recuperación do forno comunitario de A Devesa (Riocaldo). Leste mesmo proceso levarase a cabo nos fornos das localidades de O Reguengo (San Paio) e Casardomato (Grou).
  • Os fornos foron, tradicionalmente, punto de encontro e reunión dos veciños, actividades que se pretenden estimular con estas rehabilitacións.
  • Estas accións forman parte dun programa de  actuacións do Concello de Lobios co  propósito  de recuperar e poñer en valor o patrimonio local

 

Ver noticia

(29.11.2016) XX Concurso de contos e debuxos de Nadal

 
  • A Biblioteca Municipal de Lobios coa colaboración da Concellaría de Cultura, organiza un ano máis o Concurso de Contos e Debuxos para o Nadal
  • No Concurso de Contos a idade de participación é de 12 a 13 anos.
  • No Concurso de Debuxos poden participar os/as nenos/as de 3 a 11 anos.
  • 16.12.2016 - Comunicado. Xurado concurso debuxos e contos de Nadal. Procedemento para formar parte do xurado

Ver noticia

(22.11.2016) Continúan as actuacións para a mellora das distintas prazas do Concello.

  • Iniciados os traballos de rehabilitación da Praza de San Antón en Puxedo, que afectarán ao pavimento, á iluminación, ao mobiliario urbano... humanizando toda a contorna.
  • Este proxecto está financiado, case na súa totalidade, polo plan Hurbe, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

 

Ver noticia

(08.11.2016)  Proxectos de "Renovación de instalacións de iluminación exterior" 

  • O Concello de Lobios resultou beneficiario de diversas subvencións do INEGA  para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local.
  • Estas axudas destináronse a levar a cabo o proxecto denominado PROXECTO DE SUBSTITUCIÓN DE LUMINARIAS CONVENCIONAIS POR LUMINARIAS MOONOFF TESLA 30 NO CONCELLO DE LOBIOS, sendo os  lugares de actuación: A Lama, Cimadevila de Grou, O Eido e A Pedrosa
  • . A realización desta actuación garantiza un menor consumo e unha maior eficiencia enerxética da rede de iluminación pública exterior, acadando un aforro enerxético mínimo do 40%.

Ver noticia

(02.11.2016) Sinalización homologada rutas BTT SERRA DO XURÉS no Concello de Lobios

  • Concedéusenos  unha axuda para a execución da actuación denominada ‘Instalación de sinalización homologada das rutas do Centro BTT-Serra do Xurés’.
  • O orzamento da actuación ascende a  16.135,35 euros

Ver noticia