Proxectos de "Renovación de instalacións de iluminación exterior"

  • O Concello de Lobios resultou beneficiario de diversas subvencións do INEGA ao abeiro da Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, cofinanciadas polo Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020, (DOG. núm. 93, do 18/05/2016). 

 

  • Estas axudas destináronse a levar a cabo o proxecto denominado PROXECTO DE SUBSTITUCIÓN DE LUMINARIAS CONVENCIONAIS POR LUMINARIAS MOONOFF TESLA 30 NO CONCELLO DE LOBIOS. A realización desta actuación garantiza un menor consumo e unha maior eficiencia enerxética da rede de iluminación pública exterior, acadando un aforro enerxético mínimo do 40%.


Este proxecto inclúe as seguintes actuacións: 

 


Lugar de actuación

Orzamento da actuación

Subvención aprobada

Aportación municipal

A Lama

8.368, 36 €

6.276,27 €

2.092,09 €

 


Lugar de actuación

Orzamento da actuación

Subvención aprobada

Aportación municipal

Cimadevila de Grou

23.846,68 €

17.885,01 €

5.961,67 €

 


Lugar de actuación

Orzamento da actuación

Subvención aprobada

Aportación municipal

O Eido

11.011,00 €

8.258,25 €

2.752,75 €

 


Lugar de actuación

Orzamento da actuación

Subvención aprobada

Aportación municipal

A Pedrosa

10.255,96 €

7.691,97 € 

2.563,99 €

 

Neste proxecto colaboraron a Xunta de Galicia, a través do Inega, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e o Concello de Lobios. 
 

 

 


Galería