Os traballos de recuperación do Xurés rematarán en decembro
- Recibimos a visita da Concelleira de Medio Rural da Xunta, Angeles Vázquez, que confirmou que os traballos de recuperación do Xurés, tras os incendios do pasado verán, finalizarán durante este mes de decembro.
- Executáronse tratamentos antierosión "acolchando" o chan con materiais vexetais o que axudará á súa rexeneración.
- Tamén se recuperaron peches gandeiros e infraestruturas que foran afectados polos lumes, ademais de actuar sobre cunetas e zonas de paso.