Empresarios e representantes das comunidades de montes do Concello coñeceron as rutas BTT
- Un experto da oficina técnica da Xunta de Galicia (Guti), visitounos co obxecto de explicar as novas rutas BTT aos empresarios e representantes das comunidades de montes do noso Concello.
- Tras a detallada exposición, o técnico púxose a disposición de todos ofrecéndose a facilitar toda a información necesaria a este respecto.
- Neste encontro, expúxose tamén, a idoneidade de establecer unha reunión co colectivo dos hostaleiros, co fin de trazar liñas de difusión e outras accións que fagan das Rutas BTT un recurso que sirva de estímulo para potenciar a economía local.
Galería