Continúan as actuacións para a mellora das distintas prazas do Concello.
- Iniciados os traballos de rehabilitación da Praza de San Antón en Puxedo, que afectarán ao pavimento, á iluminación, ao mobiliario urbano... humanizando toda a contorna.
- Este proxecto está financiado, case na súa totalidade, polo plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A conservación do patrimonio, a mellora de zonas comúns dos núcleos poboacionais humanizando os tradicionais puntos de encontro, son unha clara aposta do Concello de Lobios, que xa acometeu obras de rehabilitación na Praza Roxa e na Praza de Pazos, pretendendo continuar coa mellora das prazas dalgún núcleo máis durante o ano 2017.
.Ler noticia La Región.