Noticias

(30.10.2016) Clases de pilates e mantemento

 
  • Os venres de 19:00 a 20:00 hs. no pavillón do colexio de Lobios.
  • Material necesario: esterilla e goma elástica.
  • Inscricións: 678 129872 (Ana)   e  686 684895  (María José)

Ver noticia

(14.10.2016) Proxecto ‘Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias no Concello de Lobios'.

  • Este proxecto consistíu na realización das seguintes obras cuxo importe ascendeu a 65.136,72 euros : 
          - Camiño de acceso a Explotacións Santuario da Virxe.
          - Camiño de acceso a Explotacións Casar da Cima-Coloño.
          - Camiño de acceso a Explotacións en Reguengo.
  • As obras foron realizadas ao abeiro da Resolución do 25 de xaneiro de 2016 pola que se aproba o Plan marco: "mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Feader ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020."

Ver noticia

(04.10.2016) Medio ambiente expuxo os plans que ten para recuperar o Parque Natural do Xurés

  • A Directora de Conservación da Natureza, Ana María Díaz,  mantivo onte unha reunión cos alcaldes e representantes de comunidades de montes da zona co fin de coordinar os traballos de recuperación das máis de 3700 hectáreas afectadas polos incendios.
  • Como accións complementarias faranse campañas de concienciación e prevención entre a poboación
  • Estas medidas engádense ás desenvolvidas pola Consellería do Medio Rural, como a convocatoria de axudas para a recuperación de equipamentos e infraestruturas afectadas.

Ver noticia

(03.10.2016) Axudas para emendar os danos causados polos incendios forestais en equipamentos privados e en  explotacións agrícolas e gandeiras

  • Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, así como os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión dos organismos públicos. No caso de danos causados á maquinaria e ao equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión dos organismos públicos.
  •  Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar as sete liñas de axuda e o expediente de axudas será único.

 

Ver noticia

(30.09.2016) Rematados os traballos na fonte de Guende 

  • Revestíronse as paredes con pedra rústica embelecendo a zona considerablemente.

Ver noticia

(30.10.2016) Protección no camiño de Guende

 

  • Tras o ensanche do camiño de Guende procedeuse a instalar unha malla de protección lateral 

Ver noticia

(30.09.2016) Lobios contará cun novo servizo de atención á infancia 

  • Unha casa niño  aperturase nas próximas semanas  na antiga "casa do médico", local cedido por este concello. 
  • Esta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Política Social, contribúe a facilitar a conciliación da vida familiar

Ver noticia

(28.09.2016) Medio Rural levará a cabo as accións pertinentes para recuperar os terreos afectados polos incendios deste verán.

  • As intervencións afectarán tanto os terreos como aos servizos e infraestruturas danados (abastecemento de auga,  cercados, etc)  que detallarán os técnicos en próximas visitas á zona.
  • Leste foi o  compromiso do director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, na   reunión que mantivo onte no noso concello cos alcaldes e  representantes das comunidades de montes afectadas.

 

Ver noticia

(27.09.2016) Mellora da contorna da zona termal de Riocaldo

 
  • Inícianse os traballos de mellora da contorna de Riocaldo, co soterramento das liñas de media tensión.
  • O orzamento, de 60.000 €, englóbase dentro do Plan Termal da Deputación de Ourense.

Ver noticia

(22.09.2016) Mellora dos camiños en Guende

 
  • Ensanchada a pista de acceso ao pobo.
  • Arranxado o firme do camiño do barrio de Alén.

Ver noticia

(22.09.2016) Renovación de Instalacións de Iluminación Exterior

  • Ao abeiro da liña de axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, convocadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), foinos aprobada a realización de actuacións en A Lama, Cimadevila de Grou, O Eido e A Pedrosa
  • O obxectivo que buscamos coa realización destas actuacións, é  mellorar a eficiencia enerxética  das instalación de iluminación pública exterior do Concello de Lobios conseguindo un aforro enerxético mínimo do 40 % .
    As obras para a renovación destas liñas eléctricas realizaranse antes do 15 de novembro.

Ver noticia

(22.09.2016) PROGRAMA RESPONSABILIZATE

  • Programa RSE (Responsabilidade social empresarial) para microempresas, autónomos/as, pemes  co obxectivo de axudar a mellorar a competitividade e eficacia das empresas, a través da RSE mediante un servicio de consultoría
  • O programa comprende :
    .    Diagnóstico
    .   Formación
    .    Elaboración dun Plan RSE
    .    Acompañamento das primeiras accións para implantar o Plan de RSE.
     

Ver noticia

(22.09.2016) Presentada a solicitude de mecanismos que incrementen a seguridade na estrada OU-312

  • Desde o Concello, solicitáronse   mecanismos (bandas rugosas, sinais luminosas...), que inciten a que os condutores reduzan  a velocidade en tramos tan sensibles como a contorna da antiga Cruz Vermella ou a vía entre Vilameá e a Devesa.
  • O obxectivo é garantir a seguridade, tanto do tráfico automobilístico como dos viandantes, e evitar por tanto posibles accidentes causados polo exceso de velocidade.

 

Ver noticia

(21.09.2016) Curso de música

 
  • Inicio do curso: 1.outubro.2016 ás 15:00 h
  • Lugar: Edificio Multiusos
  • Inscricións no teléfono 667 392775  ou asistindo o propio día do inicio

Ver noticia

(21.09.2016) Varias pistas do Concello ven iniciados os traballos de mellora do seu firme

  • Estas accións englóbanse dentro da subvención do Plan Marco concedida pola Consellería do Medio Rural.
  • Os traballos de mellora do firme iniciáronse nos camiños:
    • Pista de A Virxe en Riocaldo.
    • Pista de Reguengo de San Paio
    • e, pista do Casal de Cimadevila de Grou

 

Ver noticia