Noticias

(20.09.2016) Coñecendo o mundo das abellas e os procesos do mel

  • Un grupo de rapaces do noso concello tiveron a oportunidade de coñecer os procesos de elaboración da mel nas instalacións  da Cooperativa Mel do Xurés.
  • A iniciativa, parte da colaboración do Concello de Lobios e Auxe (Asociación de Apicultores Xuresianos -Geresianos), co obxectivo de difundir e poñer en valor unha dos  meles de mellor calidade do mundo.
  • (Imagen:La Región)

 

Ver noticia

(09.09.2016) OURENSE COOPERATIVA

  • El programa OURENSE COOPERATIVA, un programa de actividades que te permitirá identificar oportunidades de negocio, innovar, mejorar en la gestión de tu proyecto y crecer en nuevos mercados en torno a la economía social
  • Consiste en la realización de actividades  vinculadas con el fomento del cooperativismo y la economía social

Ver noticia

(02.09.2016) Novas beirarrúas, pasos e canalizacións que melloran a seguridade viaria

  • O investimento, dun importe de 48.000 €, foi executado pola  da Axencia Galega de Infraestruturas (AXA). 
  • O proxecto incrementa a seguridade dos viandantes coa construción de novas beirarrúas a continuación das xa existentes, ademais de canalizalizaciones de auga e un colector de saneamento.

Ver noticia

(24.08.2016) Recibimos novo equipamento de emerxencias

 
  • A nosa alcaldesa,  asinou hoxe a entrega, por parte da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, de novo material para o servizo de emerxencias deste concello. 
  • O equipamento recibido, consta de un remolque de salvamento e rescate en altura ou profundidade que contén, cordas para augas bravas e escalada, tubos e máscaras de mergullo, guantes e traxes de neopreno, cascos, chalecos, botas, aletas, lanternas, coitelos,  torre de iluminación, etc.

Ver noticia

(19.08.2016) Iniciativa Xove, programa da Xunta de Galicia para a posta en valor da cultura inmaterial e urbana de Lobios

 
  • Recibimos a visita de Cecilia Vázquez, directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,  quen coñeceu as iniciativas da mocidade que se están levando no noso concello dentro do programa Iniciativa Xove.
  • Os grupos Xóvenes do Xurés e Aires do Paraño de Lobios, participan nesta iniciativa. O primeiro xestionando obradoiros de oficios tradicionais, xogos populares e outras actividades que poñen en valor a  cultura inmaterial da comarca. O segundo, cun proxecto centrado na difusión da cultura urbana  a través de talleres de graffiti, turntablim ou skateboard.

Ver noticia

(11.08.2016) Acto anual de recoñecemento de fronteiras

  • O acto, de carácter institucional, persegue referendar as fronteiras que se comparten coas cámaras portuguesas de Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Terras de Bouro.
  • O encontro, permitiu poñer sobre a mesa outros puntos de interese común como son a problemática dos incendios, a mellora da estrada (N304-1) á  Madalena, ou a promoción turística e termal

Ver noticia

(13.08.2016) Mellorado o peche perimetral do CEIP do Xurés 

 

  • Ademais do peche preparouse unha cuberta na entrada do centro 
  • As obras, foron levadas a cabo pola Consellería de Educación, no plan no plan de rehabilitación e mellora de centros escolares planificado para este ano.

Ver noticia

(29.07.2016) A  Xunta de Galicia apoia ao Concello de Lobios  na futura construción dunha residencia de maiores

 
  • No encontro de traballo que mantivo onte o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela coa alcaldesa  María del Carmen Yáñez Salgado,  mostrou a seu apoio á iniciativa da construción dunha residencia para a terceira idade.
  • Salientóuse tamén, a importancia de incrementar as horas de cobertura do Servizo de Axuda no Fogar neste 2016, para dar cobertura á práctica totalidade da poboación que o precisa. 

Ver noticia

(20.07.2016) A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Lobios uns 350.000 euros,co obxectivo de mellorar o abastecemento desta localidadeTitulo de la noticia

 

  • As actuacións consistirán na mellora da captación en manancial e execución dunha nova rede de abastecemento nos núcleos de Vilameá e Devesa e nos núcleos de San Paio e Esperanzo.
  • Así mesmo, melloraranse as redes de distribución de abastecemento e levarase a cabo unha mellora da captación de auga no núcleo de Torneiros.

Ver noticia

(19.07.2016) Programa de fomento e consolidación do emprego nas PEMES de nova creación 

 
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria, no marco das políticas activas de emprego, xestiona os programas de apoio aos emprendedores e á economía social, xa que o autoemprego se está a amosar unha fórmula eficaz para a incorporación ou a reincoporación ao mercado de traballo das persoas desempregadas.
  • O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, que se regula na presente orde, ten por finalidade apoiar as persoas emprendedoras que, ao constituíren pequenas empresas, actúan como axentes dinamizadores da economía e do emprego en Galicia, especialmente aquelas empresas que se implantan nos territorios rurais e, pola súa vez, xeren emprego para a nosa mocidade e para as mulleres en desemprego.

Ver noticia

(19.07.2016) Canalización da rega en San Paio 

  • Con esta intervención lográronse dúas finalidades, evitar a filtración de auga e ampliar o camiño para facilitar o acceso a tractores ou a motobombas no caso de que haxa que atallar un incendio forestal.

Ver noticia

(14.07.2016) Mellora do canal de rega en Torno

 
  • O canal de O Torno foi limpado e mellorado garantindo un maior aproveitamento da auga. ​

Ver noticia

(14.07.2016) Ludoteca de verán

 

 

  • A partires do luns, 18 de xullo.
  • Na aula ao carón do Pavillón Multiusos.
  • Luns, mércores e venres, de 10:00 a 13:30 hs. 
  • Para nenos/as de 5 a 14 anos.​

Ver noticia

(12.07.2016) Domingo de feira en Lobios 

 
  • Como cada segundo domingo de cada mes, o pasado 10 de xullo, a feira foi o evento protagonista en Lobios.
  • Veciños e visitantes achegáronse aos diferentes postos de roupa, menaxe, accesorios , e tamén aos de comida, sendo os de  polbo á feira un dos manxares máis demandados. 

Ver noticia

(11.07.2016) Celebrado o Consello Termal no Balneario de Lobios, tras o que o noso concello recibiu unha visita institucional

  • O Consello Termal congregouse  no Hotel   Balneario  Caldaria de Lobios, co propósito de analizar os proxectos en curso e avanzar outros novos. 
  • A nosa alcaldesa, Maria del Carmen Yánez, foi a anfitriona da visita institucional que se desenvolveu posteriormente, recibindo no noso concello, ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, entre outras personalidades do ámbito político e económico da provincia e comunidade autónoma.

Ver noticia