OURENSE COOPERATIVA


  • O programa OURENSE COOPERATIVA, un programa de actividades que te permitirá identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do teu proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social
  • Consiste na realización de  actividades vinculadas co fomento do cooperativismo e a economía social

Quen organiza? 
A agrupación de concellos de Ourense, Coles, A Peroxa, Pereiro de Aguiar e Vilamarín en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Red Eusumo.
 
En que consiste o programa?
Na realización de  actividades vinculadas co fomento do cooperativismo e a economía social, como:
Actividades de formación, dinamización e divulgación dirixido a emprendedores, desempregados e público en xeral, así como prescriptores e axentes intermedios.
Asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos e de economía social.
Apoio a comercialización e internacionalización das empresas de economía social.
Actividades ligadas ás oportunidades de negocio nos sectores predominantes no ámbito territorial que abrangue a agrupación de concellos de Ourense: TIC, CULTURA, TERMALISMO e TURISMO.
 
Datas de celebración: Ao longo do mes de setembro
 
Achegamos o cartel e o folleto do  programa. Os seminarios que se impartirán, así como toda a información, podédela obter entrando na páxina www.ourensecooperativa.gal
 
Mais información en:
Concello de Ourense
Praza Maior, 1
32005 Ourense
988388100
comunicacion@ourensecooperativa.gal.