Celebrado o Consello Termal no Balneario de Lobios, tras o que o noso concello recibiu unha visita institucional
- O Consello Termal congregouse no Hotel Balneario Caldaria de Lobios, co propósito de analizar os proxectos en curso e avanzar outros novos.
- A nosa alcaldesa, Maria del Carmen Yánez, foi a anfitriona da visita institucional que se desenvolveu posteriormente, recibindo no noso concello, ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, entre outras personalidades do ámbito político e económico da provincia e comunidade autónoma.
A noticia nos medios: La Región La Voz de Galicia Faro de Vigo