PROGRAMA RESPONSABILIZATE

  • Programa RSE (Responsabilidade social empresarial) para microempresas, autónomos/as, pemes  co obxectivo de axudar a mellorar a competitividade e eficacia das empresas, a través da RSE mediante un servicio de consultoría
  • O programa comprende :
    .    Diagnóstico
    .   Formación
    .    Elaboración dun Plan RSE
    .    Acompañamento das primeiras accións para implantar o Plan de RSE.

Normativa:

Resolución do 21 de xuño de 2016 pola que se lle dá publicidade das bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas ás que se prestarán servizos de tutela en materia de responsabilidade social empresarial, a través do programa Responsabilízate, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 130 do 11 de xullo de 2016).

 

Requisitos:

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.
d) Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.

O prazo para anotarse  remata o 30 de setembro.

Si premes neste enlace accederás a información deste procedemento:

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=320B&procedemento=TR320B

Na provincia de Ourense celebrarase unha xornada informativa este xoves, 22 de setembro, ás 19:00h na Asoc. de Empresarios Polígono San Cibrao, Ourense.

Os datos da Asociación son os seguintes:

Enderezo: Rúa Ricardo Martín Esperanza s/n Edificio Multiusos, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense

Teléfono: 988 38 37 56

Ver cartel da xornada.

Mais información:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral 
San Lázaro, s/n 
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544615 / 981545743 Fax: 981957751
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal