Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e de CONCILIACIÓN. Curso 2026/2027

Lobios - Actividades extraescolares e de conciliación 2026-2027

O Concello de Lobios continúa apostando pola conciliación familiar e polo desenvolvemento educativo e persoal dos nenos e nenas coa programación de actividades extraescolares para este curso. 

Unha proposta que combina apoio escolar, aprendizaxe do inglés, obradoiros e actividade física para que os máis pequenos poidan aprender, compartir e desfrutar tamén fóra do horario lectivo. 

HORARIO E ACTIVIDADES

  • Martes, mércores e xoves:
    • Apoio escolar
    • Inglés
    • Obradoiros
  •  Venres:
    •  Actividade física
    • Deporte
  •  Horario: de 16:00 a 18:00 h
  • Lugar: instalacións do CEIP Plurilingüe do Xurés.


Información e inscricións: Servizos Sociais do Concello de Lobios, no teléfono 988 448 000.

Seguimos traballando para ofrecer recursos que favorezan a conciliación das familias e que contribúan ao aprendizaxe, ao benestar e á igualdade de oportunidades da infancia.