Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Plan de lectura provincial

Plan de lectura provincial ano 2026

A Deputación de Ourense convoca o II Plan Provincial de Lectura co obxectivo fomentar os hábitos de lectura do público infantil e xuvenil.

O programa permitirá que as persoas menores de idade nadas en 2008 ou posteriormente e empadroadas en concellos da provincia de Ourense poidan beneficiarse da adquisición dun libro.

O prazo de compra de libros estará aberto do 15 de outubro ao 18 de decembro de 2026.

Poderase adquirir un exemplar, cun prezo máximo de 20 € (IVE incluído), nos establecementos adheridos ao programa.

Os libros de texto e o material escolar quedan excluídos.