Lobios punto de encontro internacional da Educación Social

Os pasados 25, 26 e 27 de setembro, o noso concello acolleu o V Seminario Internacional de Educación Social do Xurés e a V Convivencia Profesional e Interuniversitaria, unha cita que reuníu en Lobios a arredor de 250 profesionais, investigadores/as e estudantes da Educación Social, o Maxisterio e o Traballo Social.

