Os pasados 25, 26 e 27 de setembro, o noso concello acolleu o V Seminario Internacional de Educación Social do Xurés e a V Convivencia Profesional e Interuniversitaria, unha cita que reuníu en Lobios a arredor de 250 profesionais, investigadores/as e estudantes da Educación Social, o Maxisterio e o Traballo Social.
Durante estas xornadas, Lobios e a Baixa Limia foi escenario de conferencias, obradoiros, mesas de debate e espazos de intercambio de coñecemento arredor de cuestións fundamentais para os territorios rurais, como a despoboación, o envellecemento, a inclusión social, a dinamización comunitaria e os desafíos sociais e climáticos.
O programa tivo tamén o Laboratorio Aberto SandBox Territorial Xurés 360, a III Mostra de Innovación Pedagóxica do Xurés e actividades culturais, musicais e rutas para descubrir a riqueza natural da nosa Serra.
Para o Concello de Lobios é unha satisfacción acoller unha iniciativa que conecta universidade, profesionais, estudantes e territorio, demostrando como desde un concello rural poden xurdir espazos de reflexión, participación e intercambio con proxección internacional.
Grazas ao CEESG, á Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, á Xunta de Galicia, ao Campus e a todas as persoas participantes por facer posible este encontro e pensar en Lobios para elo.



