O domingo, 23 de agosto, Lobios celebrará a XXVII Festa dos Callos Limiaos e a XVII Carretada.
Sen dúbida, unha das citas máis saborosas e tradicionais do verán.
Unha data para gozar da nosa gastronomía, tradición e ambiente festivo
PROGRAMA
- Feira de Artesanía
- Degustación dos famosos callos limiaos
- Festa acuática
- Música, animación e actividades para todas as idades
- A esperada Carretada, unha das nosas tradicións máis queridas

