O CEIP Plurilingüe do Xurés acolleu a presentación da actividade de Tenis de Mesa, incluída no Programa de Fomento Deportivo, coa presenza da alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez.
Unha proposta pensada para achegar o deporte aos máis novos, descubrir novas disciplinas e desfrutar dunha tarde de actividade, diversión e compañeirismo.
Se che gusta o tenis de mesa ou queres probalo por primeira vez, achégate o
venres, 9 de outubro de 2026
de 16:00 a 19:00 h
no Pavillón do CEIP Plurilingüe do Xurés (Lobios)
INSCRICIÓN GRATUÍTA – PRAZAS LIMITADAS
Prazo de inscrición: ata o mércores 7 de outubro.
Máis información e inscricións no teléfono 667 412 636 ou no enderezo electrónico ourensetenisdemesa@gmail.com
[Actividade do Programa de Fomento Deportivo, coa colaboración do Club A.S.M. Ourense Tenis de Mesa.
Seguimos fomentando o deporte e apoiando oportunidades para desfrutalo en Lobios.



