Noticias

(23.05.2016) Finalizadas as obras de arranxo de beirarrúas en Os Baños - Riocaldo.

  • Con esta intervención quedan solucionados as desfeitas que ocasionaban as raíces das árbores, e auméntanse as zonas de aparcadoiro.
  • A travesía de Os Baños é a principal vía de acceso aos restos arqueolóxicos da antiga mansión romana Aquis Originis e á ruta de sendeirismo "Corga da Fecha", visitadas anualmente por centos de turistas.

Ver noticia

(23.05.2016) Arranxo do muro de pedra da contorna da piscina e do pavillón

 
  • As obras de acondicionamento do muro mellorarán a seguridade en lugares con gran afluencia de viandantes, como son a contorna da piscina e o pavillón multiusos.
  • Seguirase actuando sobre esta contorna con obras de mellora tanto a nivel de seguridade  como estético

Ver noticia

(21.05.2016) Arranxos levados a cabo na fonte e no pozo de lavar de Fondevila

 
  • Acondicionados os lavadoiros e a fonte.

Ver noticia

(21.05.2016) Mellora do firme na estrada desde Casal do Mato a Ferreiros de  Grou

 

  • ​A mellora afecta ao tramo da estrada OU-1212 que enlaza a localidade de Casal do Mato con Ferreiros de Grou.

Ver noticia

(20.05.2016) Finalizada, en Grou, a segunda fase de construción e  acondicionamento de beirarrúas

  • As obras desenvolvidas  incrementan a seguridade de veciños e peóns que transitan polo viario ao seu paso polo pobo.

Ver noticia

(12.05.2016) Lobios entre os concellos menos endebedados.

 
  • O endebedamento do noso concello está por debaixo de outros da mesma comarca e moi por debaixo da maioría dos concellos da provincia de Ourense.
  • A xestión da actual corporación permite conciliar  a prestación de servizos públicos que habemos de dar  aos nosos habitantes co mantemento á baixa da débeda

Ver noticia

(12.05.2016) Afectados pola ampliación da estrada Lobios-A Vila reciben a súa indemnización 

  • A iniciativa aprobouse na Comisión de Goberno do 16 de decembro do pasado ano
  • O importe liquidado ascende a 13.323.47 €

Ver noticia

(11.05.2016) Comisión de Dirección Transfronteiriza Lobios-

Arcos

 
  • A Comisión de Dirección Transfronteiriza, da que o noso concello forma parte activa,  reuníuse hoxe na Vila do Gerês.

Ver noticia

(09.05.2016) Poda e talla de árbores

 
  • A Cotop realizou realizou nas últimas xornadas unha poda e talla selectiva de árbores en beirarrúas e estradas cuxa titularidade é da Xunta de Galicia.
  • Por criterios técnicos e de seguridade, algunha árbore que aparentaba san, tivo que ser tallado na súa totalidade, por ter tronco oco ou raíces danadas

Ver noticia

(09.05.2016) Arranxos na Poza do Casar - Quintás - Lobios

Ver noticia

(07.05.2016) O GES de Lobios estrea ambulancia

 
  • O Grupo de Emerxencias Supramunicipal dispón desde hoxe dunha ambulancia para a atención das urxencias da nosa contorna.
  • O investimento supuxo un desembolso de 47.000 € cubertos na súa totalidade polo noso concello.

Ver noticia

(03.05.2016) Programa "Ourense Líder", para prácticas laborais de universitarios ourensáns en empresas de Estados Unidos

 

  • O programa ten como obxectivo a formación de xóvenes emprendedores no ámbito do liderado profesional en sectores como Economía, Humanidades, Xornalismo, Administración e Ciencias Políticas, Dereito, Saúde e Relacións Internacionais.
  • A Deputación de Ourense leva a cabo o programa en colaboración coa Fundación Advanced Leadership.

Ver noticia

(30.04.2016) ChegOU - Programa provincial de axudas a natalidade 

 
  • O prazo para presentar as solicitudes 2016 do Programa de Natalidade comeza o 30 de Abril
  • A axuda consiste nunha cuantía de 300 € para gastos relacionados coa alimentación ou a saúde do bebé durante os primeiros meses de vida

Ver noticia

(27.04.2016) Consellería de Medio Rural, convocatoria para a realización das probas físicas e de agudeza visual para persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

  • Data das probas: 3 e 4 de maio de 2016

Ver noticia

(26.04.2016) CAMPAMENTOS EN INGLÉS :"ARTS CAMP" 2016 en Baños de Molgas

 

 

  • Dirixido a mozos entre 11 e 16 anos
  • Desenvolveranse no mes de xullo

Ver noticia