Afectados pola ampliación da estrada Lobios-A Vila reciben a súa indemnización

 

  • A iniciativa aprobouse na Comisión de Goberno do 16 de decembro do pasado ano
  • O importe liquidado ascende a 13.323.47 €

Na  Comisión de Goberno do pasado 16 de decembro de 2015, aprobouse o pago das indemnizacións pendentes de liquidar   aos afectados das expropiacións da ampliación da estrada Lobios - A Vila, levada a cabo durante o período 2007-2011.

O importe das indemnizacións, sinatura pendente de anteriores lexislaturas,  ascende a 13.323,47 € , sendo asumido na súa totalidade a cargo dos orzamentos deste concello.