O GES de Lobios estrea ambulancia
- O Grupo de Emerxencias Supramunicipal dispón desde hoxe dunha nova ambulancia para a atención das urxencias da nosa contorna.
- O investimento supuxo un desembolso de 47.000 € cubertos na súa totalidade polo noso concello.
A espera mereceu a pena! O noso concello xa dispón dunha ambulancia nova para que o noso Grupo de Emerxencias Supramunicipal poida atender as necesidades sanitarias e urxentes da residentes da nosa contorna.
Unha poboación envellecida e a dispersión xeográfica aburaban a necesidade de ter este vehículo a disposición permanente do GES, o que supuxo un importante esforzo económico ao noso Concello, financiando o cento por cento do seu custo.
Ao contrario que noutros investimentos, nesta ocasión, optouse pola adquisición dunha ambulancia nova e con características mellores, o que garantirá unha vida útil máis longa e a permanencia do servizo.