dende o Concello de Lobios queremos agradecer a todas as persoas que asistiron á charla sobre programas, servizos e voluntariado celebrada no noso concello.
Foi unha xornada moi enriquecedora na que se puxo en valor a importancia da solidariedade e do compromiso social.
Un agradecemento moi especial ás voluntarias e voluntarios da Asociación Española Contra el Cáncer, polo seu tempo, dedicación e pola gran labor que desenvolven acompañando e axudando a tantas persoas.
O voso exemplo é, sen dúbida, unha inspiración para toda a veciñanza
Grazas por facelo posible!
O voso exemplo é, sen dúbida, unha inspiración para toda a veciñanza.





