Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Xornada de preveción de incendios forestais

O pasado sábado celebramos en Lobios unha interesante xornada, organizada pola Dirección Xeral de Defensa do Monte, centrada na prevención e detección temperá de incendios forestais, na que participaron comunidades de montes e veciñanza do municipio.

Entre os poñentes, contamos co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, quen trasladou aos participantes a importancia de traballar en común fronte ao lume.

Durante o encontro abordáronse cuestións clave como as medidas de autoprotección, a importancia da colaboración entre administracións e comunidades, e novas iniciativas piloto para mellorar a detección precoz do lume.

Grazas a todas as persoas asistentes pola súa implicación e compromiso co coidado do noso medio natural. Seguimos traballando xuntos por un rural máis seguro!

Prevencion incendios