Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Unidos pola amizade e a cooperacion transfronteiriza

Lobios-Recoñecemento de fronteiras

Hoxe, Lobios foi escenario dunha nova xornada de encontro, confraternización e irmandamento coas cámaras municipais veciñas de Terras de Bouro, Ponte da Barca e Arcos de Valdevez, no marco de Recoñecemento de Fronteiras

Unha práctica tradicional que consiste en reafirmar e comprobar os límites territoriais que separan os municipios a ambos os lados da fronteira e reforza os vínculos de veciñanza, amizade e cooperación.
A reunión celebrada no Concello de Lobios contou coa participación da nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, e dos alcaldes Manuel Tibo do município Terras de Bouro; Augusto Mariño, de Ponte da Barca e Olegário Gonçalves, de Arcos de Valdevez, acompañados polos respectivos secretarios municipais.


Este encontro simboliza a vontade de manter vivos os vínculos históricos que unen os nosos territorios, fortalecer a colaboración institucional e seguir traballando conxuntamente para poñer en valor o patrimonio, a cultura e os recursos compartidos.


A xornada estivo marcada tamén pola emoción e pola solidariedade. En nome das tres cámaras municipais portuguesas, o alcalde de Terras de Bouro trasladou unhas cálidas palabras de condolencia, apoio e agarimo ás persoas afectadas polo accidente ferroviario de onte, nun xesto de proximidade que o Concello de Lobios agradece profundamente.


Unha mostra de humanidade que nos lembra que, máis alá das fronteiras administrativas, existen lazos de amizade e solidariedade que nos unen tamén nos momentos difíciles.

Desde o Concello de Lobios queremos agradecer aos nosos homólogos portugueses a súa presenza, a súa cercanía e esta mostra de afecto, que contribúe a fortalecer a relación entre os nosos municipios.