Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Traballos de limpeza e desbroce en Lobios

Limpeza Lobios

O Concello de Lobios continúa coas tarefas de desbroce e limpeza de vías e beiras, co obxectivo de mellorar a visibilidade e a accesibilidade nas nosas estradas e camiños.

Estes traballos están a ser realizados polo Ges Lobios , contando tamén co apoio do tractor recibido recentemente, o que permite reforzar e axilizar as actuacións.

Seguimos traballando por un Concello máis seguro, coidado e accesible para todos.