𝑨𝒙𝒖𝒅𝒂𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂 𝒓𝒆𝒂𝒍𝒊𝒛𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐𝒔 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂 𝒐𝒃𝒕𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐 𝒄𝒆𝒓𝒕𝒊𝒇𝒊𝒄𝒂𝒅𝒐 𝒅𝒆 𝒂𝒑𝒕𝒊𝒕𝒖𝒅𝒆 𝒑𝒓𝒐𝒇𝒆𝒔𝒊𝒐𝒏𝒂𝒍 𝒂𝒄𝒓𝒆𝒅𝒊𝒕𝒂𝒕𝒊𝒗𝒐 𝒅𝒂 𝒄𝒖𝒂𝒍𝒊𝒇𝒊𝒄𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒊𝒏𝒊𝒄𝒊𝒂𝒍, 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒅𝒆 𝒂𝒎𝒑𝒍𝒊𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝒑𝒆𝒓𝒎𝒊𝒔𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒏𝒅𝒖𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒂𝒔 𝒄𝒍𝒂𝒔𝒆𝒔 𝑪 𝒆/𝒐𝒖 𝑫, 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒐 𝒆𝒙𝒆𝒓𝒄𝒊𝒄𝒊𝒐 𝒅𝒂 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒏𝒅𝒖𝒕𝒐𝒓/𝒂 𝒑𝒓𝒐𝒇𝒆𝒔𝒊𝒐𝒏𝒂𝒍. Xunta de Galicia Procedemento IF310G.
Estas axudas poderá solicitalas calquera persoa que sexa maior de idade no momento de presentar a solicitude, estea empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (31 de outubro de 2025) e que se matricule nun centro de formación CAP para a realización dun curso para a obtención do certificado de aptitude profesional e/ou nunha autoescola para a obtención do permiso de condución das clases C e/ou D, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Convocatoria 2026 – Próxima apertura: 27/05/2026 09:00 – 30/09/2026 20:00 horas.
Toda a información accedendo ao propio procedemento.

