Hoxe, novamente o Servizo Móbil de Documentación da Policía Nacional acudiu a Lobios para tramitar a expedición e renovación de DNI e pasaportes de aqueles/as que o solicitaron.
Dende o Concello de Lobios queremos agradecer aos funcionarios a súa implicación e aos veciños, o interese neste servizo.
Se non tiveches cita para esta ocasión, comunicamos que xa hai programada unha nova data para poder solicitar este trámite do DNI ou Pasaporte.
Será o 𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮6
Lembra solicitar cita no 988448000
Seguimos traballando para achegar máis servizos útiles e accesibles a todos os nosos veciños e veciñas.![]()

