Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Renovación de DNI e Pasaporte en Lobios

Lobios- Unidade da policía nacional en Lobios

O pasado luns, a Unidade Móbil da Policía Nacional estivo unha vez máis no noso concello para facilitar o trámite de renovacións de DNI e Pasaporte. Un servizo moi demandado polos nosos veciños e veciñas e mesmo por toda a Baixa Limia.


Lembra que o día 30 de novembro, teremos novamente este servizo e xa case non quedan prazas libres, polo que dado o alto interese da cidadanía, trataremos de habilitar novas datas.


Reserva a túa cita no teléfono 988448000.

Lobios- renovación DNI e pasaporte