A alcaldesa de Lobios mantivo unha reunión co Secretário de Estado do Ambiente de Portugal, João Manuel Esteves, na que se abordaron distintos proxectos europeos vinculados ao Parque Natural do Xurés, no marco da cooperación transfronteiriza.
Este encontro supón un fito relevante para o Concello de Lobios, ao tratarse dunha recepción institucional do máximo nivel que reforza o papel do noso municipio nas políticas ambientais e nos programas europeos de protección, desenvolvemento sostible e valorización do territorio.
A colaboración entre administracións de ambos lados da fronteira resulta clave para avanzar en iniciativas comúns que contribúan á conservación do parque natural e á mellora da calidade de vida da nosa veciñanza.

