O Concello de Lobios vén de realizar as obras de humanización no núcleo poboacional de Xendive, unha actuación que forma parte do proxecto integral que abrangue os 72 núcleos de poboación do municipio.
O obxectivo principal destas intervencións é mellorar a accesibilidade, a estética e a funcionalidade dos espazos públicos, garantindo lugares máis cómodos, seguros e atractivos tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan Lobios.
As obras en Xendive contribuirán a crear un espazo renovado e pensado para as persoas, promovendo a convivencia e poñendo en valor o entorno urbano.
Con esta actuación, o Concello dá continuidade a un plan estratéxico que busca construír un municipio máis inclusivo, sostible e con maior calidade de vida para todos os seus habitantes.

















