En Lobios volvemos a apostar pola conciliación cun programa de verán pensado para o lecer dos máis pequenos e apio ás familias.
No Concello demos comezo a unha nova edición do programa de conciliación, unha iniciativa pensada para que os nenos e nenas desfruten dun verán cheo de actividades lúdicas, educativas e divertidas, ao tempo que se facilita a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses estivais.
¡Damos unha agarimosa benvida a todos os participantes que xa puxeron mans á obra expresando a súa creatividade!

