Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Programa de Conciliación 2026: Aprendendo e descubrindo o mundo na Biblioteca Municipal

Biblioteca Municipal

Os nenos e nenas da Ludoteca de Verán de Lobios visitaron a Biblioteca Municipal, onde puideron achegarse ao mundo dos libros e da lectura dun xeito divertido.

Unha xornada chea de curiosidade, imaxinación e novas historias por descubrir, fomentando o hábito lector dende idades temperás.

Unha semana máis repleta de actividades educativas e enriquecedoras para os máis pequenos e pequenas do noso concello.