Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Obradoiros das Escolas de Empoderamento do Xurés 2025

2025 - Escolas empoderamento Xurés - Obradoiros de cociña

Os obradoiros de cociña celebrados recentemente, dentro das Escolas de Empoderamento do Xurés, deixáronos imaxes como as que achegamos.

As Escolas de Empoderamento do Xurés son unha iniciativa que achega actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Nesta ocasión, o Espazo Multiusos do Concello de Lobios acolleu os obradoiros de Real Food
e Receitas express para sorprender pensados para fortalecer a autonomía persoal e crear espazos de encontro e aprendizaxe.

Unha oportunidade perfecta para compartir coñecementos, coidar a saúde e fomentar a igualdade a través da cociña.

 [Actividades financiadas coa axuda da Unión Europea co obxectivo de previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas e das mulleres en situación de vulnerabilidade.]