Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

O verán en Lobios vén repletiño de actividades para todos os gustos e idades

Xa temos preparada a programación de verán de Lobios pensada para desfrutar en familia, compartir cos amigos e encher as rúas de vida durante os meses de xullo e agosto.

  • Espectáculos de circo e maxia
  • Cine ao aire libre
  • Música e animación
  • Campus e torneos deportivos
  • Pool Party nas piscinas municipais
  • Actividades de conciliación para a cativada

 As nosas Festas de Verán… e por suposto, as tradicionais e senlleiras FESTA DOS CALLOS LIMIAOS e DA CARRETADA

Actividades e eventos de lecer, cultura, deporte e diversión que converten Lobios nun lugar para vivir o verán ao máximo.

Agardámoste en Lobios para compartir un verán cheo de momentos inesquecibles.

Programa verán 2026