Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

O percorrido das Mariolas do Xurés continúa este verán

Debido á gran acollida da III Andaina As Mariolas do Xurés e atendendo ás numerosas solicitudes recibidas, dende o Concello de Lobios decidimos manter a ruta sinalizada durante todo o período estival.

Así, todas aquelas persoas que non puideron participar terán agora a oportunidade de desfrutar deste fermoso percorrido ao seu ritmo.

Unha vez finalizado o verán, procederase á retirada das cintas de sinalización.

Grazas a todos e todas polo interese e por seguir descubrindo o noso entorno natural con respecto e responsabilidade.

Sinalización