Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

O GES de Lobios reforza a súa capacidade de intervención

ges

O GES Lobios vén de ser dotado de novos equipos de protección individual (EPIs) para intervención: traxe estrutural, casco, luvas e botas.

Este novo material permitirá mellorar a seguridade e a eficacia nas actuacións, garantindo unha mellor protección para o persoal en situacións de emerxencia.

Esta adquisición foi posible grazas á colaboración da Deputación de Ourense, a través dunha subvención impulsada para reforzar o equipamento das agrupacións.

Colaboración institucional para reforzar os servizos de emerxencias e a seguridade da nosa veciñanza.