Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

O Concello de Lobios e a Consellería de Medio Rural continúan reforzando a súa colaboración para avanzar na proteción e coidado do noso territorio

Medio Rural

Nunha recente xuntanza de traballo, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, avaliaron o avance das actuacións conxuntas en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, o convenio de xestión da biomasa, así como as inversións realizadas nos últimos anos para mellorar tratamentos preventivos e reforzar os recursos locais como pistas, devasas, puntos de vixilancia ou puntos de auga.

O convenio de colaboración para a xestión das brigadas municipais foi outro dos puntos tratados neste encontro.

Seguimos traballando da man doutras administracións para impulsar iniciativas que reforden a seguridade do noso territorio e melloren a calidade de vida en Lobios.